Aveciñase segunda edición, e neste ano contamos co apoio de super bandazas, djs e colaboradores. Unha festa musical, visual e imaxinativa de luces e cores, bo ambiente e ruralismo.
Un ano máis dando vida a Aldea Creativa Escusalla.



 

Fescusalla

Sendo tenedores deste lugar tan gratificante e alegre, decidimos montar un sarao coma se merece, e despois da primera edición, este ano promete moito máis.

Fescusalla o conforma un grupo de amigo e amigas artistas e ensaístas da vida, que unen cerebros para crear algo bonito e divertido, algo que mereza a alegría comezar como grupo e que se expanda no tempo.

Polo Fescusalla pasarán proxectos de estilos diferentes, xa que estamos dacordo en que se trate dun festival alternativo e ecléctico.

Un evento nunha contorna moi chula e en plena natureza, polo que a responsabilidade de que tod@s o cuidemos é primordial.

Esperávosmos moi prontiño e coas cervexas ben frías.

Que éste sexa o inicio de moitos outros.

Programa

SESIÓN VERMÚ
12:00 Uru DJ
13:00 Adiós Manuel
14:00 Uru DJ
14:30 Los Cornets
15:15 Yaya Sketches
SESIÓN TARDEO
16:00 Real Rockers
18:30 Rhythm & Beer DJs
SESIÓN NOITE
20:00 Duques de Monterrey
21:00 Rhythm & Beer DJs
21:30 Filebo
22:30 Lynda Lamarr DJ
23:00 Trabalhadores do Comércio
00:30 Naggha & Quereizaeta
01:15 Elephants e Paw
02:15 Jam Session
SESIÓN DJ FINAL
04:00 Linda Lamar DJ
05:30 Drop Gogo DJ

+ INFO
* Disporase de barra con bebidas e pinchos veganos a prezos razonables.
* O recinto pagarase en metálico.

 

Escusalla Aldea Creativa

Nun lugar do rural ourensán, máis concretamente no pobo de Pontedeva, atópase esta aldea perdida, que non abandonada, onde estamos a crear un mundo para a arte en calquera das súas vertentes, ademais de ligar sinerxias e establecer circuítos.

Un espazo aínda por facer e crecer, e que moi pronto se converterá nun punto de encontro de artistas, senderistas e buenrollistas.

Un emprazamento que pretende axuntar todo tipo de actividades noutra atmosfera, lonxe do trafego da cidade e dos seus "malos fumes".

Entendemos que a urbe pasou de moda e que a arte é merecedora de máis escenarios.

Un sitio onde si ves, é porque non che queda de paso, senón que feixeches por ir, ese é o noso único filtro.

A nosa aldea creativa pretende ofrecer acubillo artístico ao que queira saír un pouquiño da Matrix, e interactuar con xente na natureza sen esquecernos da creatividade que nos trouxo ata aquí.

Escusalla contará este próximo ano cun albergue para artistas e un estudo de produción musical residencial, onde gravar a gustiño, lonxe do mundanal ruído e conectando co campestre.

Existe algo máis musical e creativo que iso?.
Por suposto que non, xa que a natureza é a clave para a reconexión a todos os niveis.

Back to the country!

 

Convivencia

Para que a convivencia sexa xenial e tod@s esteamos cómod@s, imos respetar o espazo con todo o que isto conleva.

A natureza ofrécenos moito, demasiado, polo que debemos devolverlle o favor e considerala con toda a nosa atención.

Contaremos con papeleiras á vista para ser usadas, así coma cinceiros que dispoñeremos polo recinto. Por favor, este punto e do máis considerable.

Na zona de acampada imos respetar o descanso para quen o precise, existe moito recinto para a festa.

Sendo un festival auto-xestionado, non contamos con proto loxística, pero cada ano melloraremos, porque nos encantan os detalles. Mentras tanto, temos que contarvos que, como tod@s sabemos, o tema da auga está en dique seco polo que non haberá billas, pero venderemos auga na barra a un prezo económico.

Pregamos que a entrada ó recinto se faga sen botellas de alcol, xa que necesitamos vender os nosos produtos para poder seguir con este proxecto tan chulo.

O festival pechará as portas ás 07:00h.

 

Contacto